Situada no termo municipal de Ribadumia, ao pé do Monte Castrove. É un viñedo singular de 3,4 Has plantadas coa variedade albariño, das que 2 has son cepas vellas e da súa produción elaboramos o noso Rías Baixas Albariño Carballal.
É unha especie de outeiro que recolle os primeiros raios de luz, con ladeiras que facilitan a maduración óptima da uva, ata en anadas difíciles xa que, en épocas de elevada pluviometría se evacua facilmente a auga sobrante.
Emprazada no termo municipal de Caldas de Reis, ao pié do Monte Xiabre. É un viñedo de 2,4 plantaches coas variedades autóctonas albariño, loureiro e treixadura das que obtemos o 1er Rías Baixas Salnés, o Sete Cepas, de modo que os os aromas florais e afrutados do albariño son enriquecidos cos matices vexetais e frescos da loireiro, e o corpo do albariño faise máis amable co toque delicado da treixadura.