O proceso de elaboración iníciase co seguimento da vide durante todo o ano ata o momento da vendima, cando a uva alcanza un contido en azucres suficiente para transformarse nuns 12-12,7 ºV de alcol.
Sabemos tamén que as uvas están no seu punto óptimo de madurez mediante a técnica de cata das uvas: a uva desfaise facilmente na masticación, sen acidez nin sequedad; as pebidas son de cor marrón escuro, e ao masticarlas dan sabores de aroma tostado. Esta maduración fenólica posibilita obter viños con carácter e lonxevos.
As uvas son seleccionadas manualmente no viñedo durante a vendima, e logo transpórtanse ata a adega en caixas de 20 kg. A vendima realízase con tempo seco, de forma que os fermentos do propio viñedo pegadas á pel das uvas realicen a fermentación alcohólica, conservándose así ano tras ano ese carácter terroir especial dos nosos viños.