carballal@carballal.net

do rías baixas

A historia da DO "Rías Baixas" comeza en 1980 cando se recoñece a Denominación Específica Albariño; catro anos máis tarde, apróbase o primeiro Regulamento do actual Consello Regulador Rías Baixas.

Rías Baixas é unha das DO máis dinámicas e con maior crecemento internacional debido sobre todo a que, nesta zona de Galicia a variedade autóctona albariño atopa as condicións idóneas de clima e chan. O microclima de Rías Baixas caracterízase por temperaturas cálidas e suaves á vez, de forma que a maduración da uva é de ciclo lento, de aproximadamente 175 días desde a brotación a primeiros de marzo de cada primavera ata a vendima na 2ª quincena de setembro.

Bodegas Carballal está na subzona histórica do Salnés, berce da orixe da variedade albariño e a máis importante da Denominación de Orixe; é un val sobre o que discorre o Río Umia, protexido a ambas as marxes polas ladeiras dos montes Castrove, Lobeira e Xiabre.

Hnos Vázquez Abal - Carballal, 3 C.P. - 36600 Ribadumia - Pontevedra - España | Tel. 986710981 | aviso legal