carballal@carballal.net

presentación

Todo comezou cando o noso pai e fundador da adega Benito Vázquez plantou as hoxe emblemáticas cepas vellas de albariño na leira Carballal. Esas primeiras elaboracións xunto ás doutros viticultores adegueiros, foron as que demostraron a calidade dos albariños desta zona de Galicia e impulsaron entón, a constitución da actual DO Rías Baixas.

Os nosos viños se embotellan baixo a marca Carballal, co mesmo nome da leira na que antigamente había carballos; e o Sete Cepas, en honra aos sete irmáns que estamos involucrados na adega.

Na adega, de diseño contemporáneo e rodeada de viñedos, tamén recibimos visitas onde se pode realizar actividades programadas de enoturismo e coñecer in situ os nosos viños cuxa personalidade radica en que detrás de cada botella está o froito de moitas horas de sol, as choivas e brisas do atlántico, da acción da terra,... e do traballo de persoas apaixonadas pola viticultura e o viño.

Hnos Vázquez Abal - Carballal, 3 C.P. - 36600 Ribadumia - Pontevedra - España | Tel. 986710981 | aviso legal