Os nosos viñedos son chans de orixe granítica ricos en sílice, con presenza de pedra e jabre nas capas inferiores, o que restrinxe a produción das cepas, outorgándolle aos viños unha maior concentración de sabores. A textura do chan arenosa e de Ph lixeiramente acedo, achégalle ás uvas ese característico carácter aromático da nosa zona.
As herbas contrólanse con segas regulares, evitándose así a erosión do chan nas zonas de ladeira e á vez enriquécese a terra con materia orgánica natural.
No coidado fitosanitario tamén se aplican criterios dunha viticultura respectuosa co medio ambiente para preservar a natureza das uvas e os seus fermentos pegados na pel exterior, encargadas logo en adega da posterior fermentación dos mostos obtidos; o viñedo é un ambiente natural, cheo de fragrancias achegadas pola vexetación autóctona existente no propio viñedo e a súa contorna.