carballal@carballal.net

as cepas

As variedades plantadas nos viñedos están injertadas na súa maioría sobre o patrón 196-17-Castel, de boa adaptación aos nosos chans arenosos, pouco profundos, e lixeiramente acedos.

Pola súa lonxevidade destacan as 2 Has de albariño cepas vellas, que producen unha colleita máis limitada en cantidade pero de maior concentración de sabores debido a que as cepas vellas teñen máis madeira e aseguran que a uva teña unha alimentación máis regular e equilibrada, e tamén as súas raíces máis profundas fan ás cepas máis resistentes á escaseza de auga.

O sistema de condución é a parra tradicional, de moi boa adaptación nesta zona de Galicia, xa que a vexetación descansa nun plano horizontal a 1,8 metros de altura, de forma que os acios están ben ventilados e sans. Pódaa realízase de forma totalmente manual, e aínda realizamos labores ancestrais como é o atado dos sarmientos das cepas aos arames co bimbio (Salix alva vitelina).

Hnos Vázquez Abal - Carballal, 3 C.P. - 36600 Ribadumia - Pontevedra - España | Tel. 986710981 | aviso legal