A arquitectura da adega é de deseño contemporáneo e funcional; é un edificio singular integrado na contorna natural dos viñedos.
O feito de que se atope no mesmo viñedo facilita que os tempos de vendima a procesado da uva sexan mínimos; no seu interior conserva unha Tª fresca todo o ano ao estar semienterrada e orientada ao Norte; e dividida en tres niveis permite procesar a uva e o mosto por gravidade.
O proceso de elaboración en adega iníciase co despalillado dos acios, esprémense cun prensado pneumático de 1,6-2 Kg./cm2 en función do grao de madurez dos acios, a continuación un desmangado estático antes de producirse a fermentación alcohólica a 20ºC, logo prodúcese unha 2ª fermentación malo-láctica parcial na que o viño redondéase nunha acidez máis agradable, e finalmente os viños permanecen un tempo nos depósitos de aceiro inox. sobre leas finas, ata ser embotellados.